Podemos nomear coma obxectivos:
- O fomento do turismo mariñeiro Fomento das actividades náuticas sostibles
- A organización de eventos deportivos relacionados co medio mariño, co fin de difundir e promocionar o territorio
- A recuperación e tamatización de roteiros do litoral e do patrimonio histórico, cultural, material e inmaterial relacionado co mar
Deste xeito, o KDM ofrece a posibilidade, mediante esta actividade, de fomentar a participación cidadá, de espertar o interese pola fermosa rexión costeira que une Cabanas, Fene e Redes, ademais de atraer a atención de xente que non viva nas proximidades.
As actividades irán destinadas a un público variado, podendo adaptar os contidos e a intensidade da actividade en función das capacidades e intereses dos distintos grupos.
A actividade está pensada para que poida gozar dela un sector moi amplo da nosa sociedade, resultándonos imposible especificar un rango de idades; dada a escasa dificultade, é apta para todos os públicos. Pola nosa situación xeográfica, os potenciais beneficiarios, en maior medida, son os habitantes da nosa Comunidade Autónoma, independientemente da súa vecindade administrativa; é dicir, está pensada tanto para residentes na nosa comunidade, como para turistas de diversas procedencias.
Esperamos producir unha revitalización da zona de litoral, posto que a actividade atraerá moita xente á mesma.
DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE.
Rutas:
Transporte e preparación previa do material (kayaks, pas, chalecos..).
Preparanse os kayaks, as pagaias e os chalecos comprobando que esten en boas condicions de uso.
Cargase o material na furgoneta e no remolque para o seo transporte ao o punto de embarque.
Descarga do material e situase para a sua presentación a os usuarios.
Charla expricativa por parte dos monitores.
E finalmente, desembolvemento da actividade po la ría de Ares con seguimento por parte de monitor-es dende embarcación de apoio.
Esta ruta destaca polas súas augas tranquilas, nas que, sobre todo na tempada estival, navegan abundantes embarcacións de recreo, a vela e a motor, ademáis de kaiacks, e outros aparellos náuticos. Isto é un importante factor que teremos en conta á hora de planificar a seguridade da actividade.
Posúe este tramo da ría unha beleza extraordinaria, xa que tanto cara Pontedeume como cara Cabanas, hai unha vista fermosísima, contemplando eses bosques ó pé dos pequenos cantís, dende o mar.
Pola ría poderemos observar as bateas de mexillón. Esta ría constitúe un ecosistema idóneo para o cultivo do mesmo. As súas especiais condicións, cálidas augas e elevada producción primaria fan dela un paraxe idóneo para o desenvolvemento de mariscos. Como curiosidade compre mencionar que eiquí o mexillón acada o seu tamaño comercial entre 2 e 6 veces máis rápido que no resto de Europa. É unha ría cunha grande riqueza piscícola, xardas e lubinastodavía se deixan ver sen demasiada dificultade. Entre as aves podemos ver ó pelicaniformecormoránmoñudo, gaivotas reidora e patiamarela, limícolas coma o virapedras ou a avefría entre outras. A dificultade é baixa pois imos na dirección da marea, así que a actividade está pensada para facela tranquilamente, gozando dun relaxante e ameno exercicio en kaiack mentres se explican curiosidades dos lugares polos que pasamos.